Despois de estar durante este días coa limpeza xeral, memoria e programación, inventario… a partir do luns 21 de setembro, abrimos a ludoteca de novo para dar comezo ao curso escolar 2026/2027 no seu horario habitual de tarde: de 16:00 a 20:00 horas.
Seguiremos sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía…
Durante o trimestre realizaremos actividades diferentes e divertidas entorno ás seguintes temáticas:
- Do 21 ao 25 de setembro: E XA COMEZA O OUTONO!
- Do 28 de setembro ao 2 de outubro: LUDO EN ORDE: MISIÓN IMPOSIBLE
- Do 5 ao 9 de outubro: ENTRE LETRAS ANDA O XOGO
- Do 13 ao 16 de outubro: UN PASEO POLO MUNDO
- Do 19 ao 23 de outubro: O CAMBIO CLIMÁTICO
- Do 26 ao 30 de outubro: O SAMAÍN
- Do 2 ao 6 de novembro:AS NOSAS FORTALEZAS
- Do 9 ao 13 de novembro: SEMANA ESPACIAL
- Do 16 ao 20 de novembro: SOMOS INFANCIA
- Do 23 ao 27 de novembro: STOP Á VIOLENCIA!
- Do 30 de novembro ao 4 de decembro:SOMOS DIFERENTES, SOMOS XENIAIS
- Do 9 ao 11 de decembro:DEREITOS EN XOGO
- Do 14 ao 21 de decembro: E XA COMEZA O INVERNO!
- Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro: LUDONADAL 2026
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).