Música na escola

Música na escola

Desde a Concellería de Ensino entendemos a educación obrigatoria como un ámbito de socialización no que, ademais de adquirir as necesarias destrezas académicas, o alumnado se forma como cidadán coñecedor do seu contorno e das súas tradicións.

Sendo conscientes da importante tradición musical do noso concello, consideramos de interese promover un achegamento a toda a poboación escolar de Moaña dos diferentes estilos musicais e das conexión que ten a nosa vila coa música.

Promóvense catro actividades para cada centro de ensino:

  • Visita á escola de Música tradicional
  • Concertos didácticos da Escola de Música en Quintela
  • Concertos didácticos en cada centro de ensino en colaboración co CCMUS
  • Concertos didácticos de Jazz nas Barxas

Accede ao programa completo na seguinte ligazón:

Skip to content