Plan madruga

Plan madruga

O Plan Madruga é un sevizo complemetario básico para permitir a conciliación da vida familiar coa laboral da veciñanza. Grazas a este servizo calquera familia pode deixar á súa filla ou fillo no centro escolar ás 7:30h e alí poderá almorzar e será atendido ata o comezo da actividade lectiva.

O Concello de Moaña subvenciona á Federación de ANPAS Arco da Vella e á ANPA O Picoto para garantir que todos os centros de educación infantil e primaria do termo municipal conten cun Plan Madruga nas mesmas condicións.

As características do Plan Madruga son as seguintes:

  • O servizo comeza todos os días lectivos do curso escolar ás 7:30h e esténdese ata a hora de inicio das clases. Poderá acordarse un horario complementario con inicio do servizo ás 7:00h se se solicita por algunha familia.
  • Os prezos que pagan as persoas usuarias son os seguintes:
  • Prezo xeral: 31 euros por persoa usuaria ao mes. (agás xuño e setembro que serán 23 euros). Con horario complementario o prezo increméntase en 6? (xuño e setembro 4?)
  • Prezo reducido 1 (2 irmáns): 28 euros por cada irmán ao mes. (agás xuño e setembro que serán 21 euros). Con horario complementario o prezo increméntase en 5? (xuño e setembro 4?)
  • Prezo reducido 2 (3 ou máis irmáns): 22 euros por cada irmán ao mes.(agás xuño e setembro que serán 17 euros). Con horario complementario o prezo increméntase en 4? (xuño e setembro 3?)
  • Usuario/a esporádico/a: 4 euros por cada día.

Ademais o Concello de Moaña asume o 100% do prezo do servizo para aquelas persoas que, previa certificación dos Servizos Sociais do Concello, non teñan garantidas as necesidades básicas no seu fogar de non acudir ao Plan Madruga.

Skip to content