Aprende Moaña

Aprende Moaña

Aprende Moaña é unha colección de actividades complementarias coordinadas polo Concello e dirixidas a todos os centros de ensino. Proponse unha actividade para cada nivel educativo.

O programa ten como principal obxectivo que todas e todos os escolares coñezan e poñan en valor o seu contorno máis próximo.

Buscamos unha identificación orgullosa do estudantado moañés co seu concello a través do coñecemento da nosa historia e tradicións, das nosas principais actividades económicas, dos nosos recursos naturais e dos propios servizos que ofrece a administración municipal.

Moitos dos contidos que se tratarán nestas actividades aparecen nos currículos das diferentes materias. As actividades permiten desenvolvelos de forma contextualizada e en relación coa vida diaria do alumnado.

Accede ao programa completo na seguinte ligazón:

Skip to content