Actividades de matemáticas

Grazas ás matemáticas os nenos e as nenas empregan contidos que contribúen ao desenvolvemento de habilidades, procesos cognitivos e a destrezas que son necesarias para a súa formación integral.

E grazas ao xogo hai coñecementos que son máis doados de adquirir, por iso mediante dinámicas, obradoiros e xogos, imos proporcionarlles algunhas das ferramentas necesarias que lles permiten desenvolver a competencia e a intelixencia matemática para que sexan quen de pensar por si mesmos e mesmas e aplicar o pensamento (numérico, lóxico, espacial, causa, temporal…) a situacións da vida cotiá.

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 19: MATEMÁTICAS CON MATERIAIS (figuras, series…).
  • Martes 20: MATEMÁTICAS NA NATUREZA (clasificacións, simetrías…).
  • Mércores 21: OBRADOIROS CON SECUENCIAS (obradoiro).
  • Xoves 22: BINGO LUDO (bingo con probas matemáticas).
  • Venres 23: SAÍDA: RECHOUCHÍOS (Quintela).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).