Dende o Concello animámosvos a participar en todas as actividades que programamos para este Nadal 2019-2020.
Hoxe luns vinde a recibir ao parque infantil da praza de abastos ao apalpador que ven desde o Courel con landras e música e non faltedes o martes 24 a chegada de Papá Noel ó alto da praza, tamén temos preparada animación infantil, un decorado no que poderedes sacar as vosas fotos para as felicitacións de Nadal e remataremos a tarde cunha nevada diante do palco da música.
Tamén organizamos Rechouchíos de Nadal en formato concerto o xoves 26 (nova data), venres 27, e venres 3 de xaneiro, todos eles ás 18 horas na praza do Concello e se vai mal tempo no patio cuberto do colexio de Reibón.
O luns 31 e o xoves 2 teremos sesión de cine no Salón de Plenos do Concello.
E o domingo 5 temos unha cita cos Reis Magos nunha gran cabalgata que como de costume partirá do peirao da Mosqueira e chegará ata a Casa do Concello onde os ditos Reis recibirán a todos os nenos e nenas. Na praza do Concello haberá inchables e cabalos de Adoc para a rapazada. Se o tempo non acompañase, a recepción dos Reis Magos sería no Pavillón da Xunqueira.
Para máis información de datas e horarios consultade o programa.
BOAS FESTAS!