Apego

Apego

O Concello de Moaña forma parte da rede do Apego.

Este programa está dirixido ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6 anos) para achegarlles argumentos e facilitarlles ferramentas e redes que sosteñan no tempo e arroupen a crianza en galego para as familias que así o desexen. Xa que logo, diríxese especialmente ás familias que se preparan para a chegada dun/dunha neno/a e acompañalas na transmisión da lingua ata os 6 anos.

Distribúense entre os papás e mamás que queiran transmitir a lingua galega entre os seus fillos e fillas unha caixa con obxectos deseñados para os primeiros momentos da crianza (recomendacións para o inicio á crianza, proposta de nomes en galego, medidor para as medras, adhesivo para o coche, álbum para os primeiros momentos.) e un CD con música para a benvida.

Ademais, dispoñemos dun espazo web con información actualizada e permanente (www.apego.gal) na que as persoas destinatarias poden informarse de como inscribirse no programa, descargar materiais, recursos para a crianza.

Skip to content