Certamen comarcal de poesía improvisada

Certamen comarcal de poesía improvisada

Anualmente celébrase o Certame Comarcal de Poesía Improvisada do Morrazo promovido polos concellos de Bueu, Vilaboa, Cangas e Moaña, a Deputación de Pontevedra e os IES da comarca.

Organízanse dous obradoiros previos de poesía improvisada en cada centro impartidos por Luís O Caruncho e Pinto de Herbón dirixidos ao alumnado de 2º ESO.

Deses obradoiros selecciónanse aos 100 finalistas que compiten no Certame Comarcal.

O obxectivo final é que o alumnado participante sexa quen de improvisar en verso, para o que se traballan outros contidos como espertar o interese pola práctica da técnica da improvisación que forma parte do noso patrimonio cultural, achegar recursos para a expresión oral, fomentar a creatividade e a posta en escena, aumentar a competencia lingüística e musical e crear contextos informais que poñan en valor expresións lúdicas e enxebres do noso patrimonio antropolóxico e cultural.