Enredando co inverno
Xa estamos a punto de entrar nunha nova estación do ano: o inverno ou o solsticio de inverno. Os días son máis curtos, as noites máis longas e as temperaturas máis baixas, pero na ludoteca imos continuar co noso ritmo de sempre e non deixaremos de xogar e de pasalo ben. Esta semana próxima imos cambiar a decoración e tamén a xogar sen parar!!!
- Luns 12: NEN@S DA NEVE (obradoiro decoración).
- Martes 13: COMPLEMENTOS DE INVERNO (decoración).
- Mércores 14: COPOS ORIXINAIS (obradoiro decoración).
- Xoves 15: COLGA INVERNO (grilanda decorativa).
- Venres 16: XOGOS DE TEMPADA (xogos de inverno).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).