Escoitando ao inverno
E sen darnos apenas conta estamos xa na última semana de colexio deste primeiro trimestre. E con ela chega tamén unha nova estación: o inverno. E, ademais, entramos de cheo xa no Nadal… todo son acontecementos importantes!!! Durante toda a semana cambiaremos a decoración de outono por outra propia desta época do ano, ao tempo que ambientaremos de Nadal e xogaremos.
• Luns 18: DECO FROZEN (decoración).
• Martes 19: GRILANDAS (decoración).
• Mércores 20: TENDAL DE INVERNO (decoración).
• Xoves 21: MURAL DE INVERNO (decoración).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).