Moaña: 21 días en galego

Cargando Avisos e eventos
  • O aviso xa finalizou.
img
Descrición

Do 25 de xaneiro ao 14 de febreiro vive as 24 horas na nosa lingua

No Concello de Moaña sabemos que o idioma galego é o noso principal sinal de identidade. Trátase do máis importante legado recibido polas nosas devanceiras e devanceiros e representa a maneira que temos de ver o mundo e de presentarnos ante el como moañesas e moañeses, como pobo galego, en pé de igualdade coas outras linguas e culturas.

Así comeza o bando asinado pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, para presentar por terceiro ano a campaña Moaña: 21 días en galego na que o Concello involucra a todos os centros de ensino moañeses para propoñerlle ao alumnado e a toda a comunidade educativa o desafío de expresárense as 24 horas en galego entre o 25 de xaneiro e o 14 de febreiro de 2020, conscientes de que 21 días son os que precisamos para adquirir un hábito novo, neste caso: adquirir ou mellorar a competencia lingüística de falar en galego.

Data inicio - Data fin

Xan 25, 2021 - Feb 14, 2021

Lugar do aviso

Concello de Moaña Rúa as Barxas 2, Moaña - Pontevedra 36950 Spain

Organizador

Concello de Moaña

Teléfono

986 310 100

Compartir isto:

Ir o contido