TWISTER MUSICAL (dinámica e xogo musical)

Cargando Avisos e eventos
  • O aviso xa finalizou.
img
Descrición

Mércores 12: TWISTER MUSICAL (dinámica e xogo musical).

O contacto coa música dende a nenez, ademais de entreter e divertir, pode marcar unha diferenza considerable na formación, educación e desenvolvemento das habilidades dos nenos e das nenas. Dito contacto favorece o desenvolvemento do seu sistema motriz e da actividade cerebral, o que fomenta a súa creatividade e imaxinación. E se xogando coa música se aprende…

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Tódalas actividades se realizarán na propia Ludoteca

Data inicio - Data fin

Feb 12, 2020 - Feb 12, 2020

Hora inicio - Hora fin

4:00 p.m., 8:00 p.m.

Lugar do aviso

Rúa de Ramón Cabanillas, 18 Moaña, Pontevedra 36950 Spain

Compartir isto:

Skip to content