Festival Intercéltico do Morrazo

Xa presentamos o CARTEL DE CONCERTOS DO XXXVIII FIM · Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña, que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xullo de 2022.

Nesta edición poderemos gozar dos concertos de Treixadura – Galicia, Elephant Sessions (Escocia), Yves Lambert (Canadá), Xurxo Fernandes (Galicia), Os d’Abaixo (Galicia) e Kathryn Tickell (Northumbria).