GALA DO DEPORTE 2024, venres 19 de xullo ás 21 h

Prazo para presentar nominacións:  

Dende o martes 11 de xuño ata o domingo 30 de xuño ambos os dous incluídos.

Lembrade que nesta gala se valorarán os méritos acadados no ano 2023.

Como presentar unha nominación:  

Podes facer a nominación á GALA DO DEPORTE como entidade deportiva ou como persoa física.

Para enviar a túa nominación á GALA DO DEPORTE 2024 tes que facer o seguinte:

  1. Enviar un correo a: culturaedeporte@concellodemoana.org con copia a  rubenvieitez@concellodemoana.org
  2. Poñer no asunto: GALA DO DEPORTE 2024: NOMINACIÓNS
  3. Achegar:

FORMULARIO (cubrir SÓ UN FORMULARIO  por entidade deportiva ou persoa física indicando o número de nominacións que se presentan a cada categoría).

– Anexo I cuberto (hai que cubrir unha ficha por cada nominación).

– Anexo II cuberto se procede, (só cubrir no caso de que queirades presentar algunha nominación a esta categoría) (Mención: promoción da igualdade de xénero no deporte).

  • Fotografías:

– Poñerémonos en contacto contigo no caso de que a túa nominación sexa elixida polo xurado e terás 3 días para enviar 2 fotografías que formarán parte do vídeo de nominacións da gala.

Podes recoller o formulario e os anexos en papel en Información na Casa do Concello, descargalos na páxina web do Concello: www.concellodemoana.org ou solicitalos nos correos culturaedeporte@concellodemoana.org, rubenvieitez@concellodemoana.org

Anexos: