Gastronomía

Ver Fotos
inicio

É o Morrazo un sitio onde o bo comer é case unha obriga. Especialmente recomendábeis son os pratos elaborados a partir dos produtos do mar típicos da ría de Vigo, na que se sitúa Moaña. Resulta inescusable pasar por Moaña e non probar os produtos como os camaróns, as nécoras, o polbo ou os mexillóns. No verán, ademais, están especialmente saborosas as luras de ría, os choquiños, os chinchos e as sardiñas.

Pero non todo en Moaña é pescado ou marisco. Os máis afortunados poderán degustar o “chuletón de Moaña”, que deu fama á vila fóra de Galicia e incluso de España. O tradicional pan de trigo ou de millo que aínda se elabora por esta zona, é un complemento ideal para acompañar calquera destes pratos. Diseminados por catro parroquias moañesas, encontramos estabelecementos de restauración adaptados a todo tipo de visitantes, dende o encanto da taberna tradicional á sofisticación dos modernos restaurantes, dende as relaxantes vistas dos locais á zona alta á vital algarabía dos situados ao lado da beira do mar.

As festas gastronómicas son outro dos grandes atractivos de Moaña. A temporada comeza coa Festa da Costeleta (19 de marzo), e continúa coa Festa do Mexillón (1º domingo de xullo), a Festa do Naseiro de Meira (3º domingo de xullo), na que se pode degustar nécora, polbo e camarón e que dá paso á Romaría da Carballeira de Bronlle (no mes de agosto), dentro da cal se inscribe a festa de degustación do “cordeiro ao espeto”, especialidade típica moañesa.

O Mexillón

Festas

Ver Fotos
mexillon

O mexillón, outro dos produtos, representativos da gastronomía moañesa (incluso coa súa propia festa de exaltación) críase nas numerosas bateas aliñadas ao longo da abrupta costa deste municipio. A gran produción que se obtén con este cultivo intensivo permite, ademais do seu consumo na zona, a exportación a grande escala destes moluscos a mercados de todo o mundo.

A extracción do marisco é unha das principais fontes de recursos do concello de Moaña, e a ameixa e o berberecho son as principais especies cultivadas nos areais. Resulta todo un espectáculo a contemplación dos centos de mariscadores que traballan nas praias da Xunqueira e Meira durante a baixamar.

Ver Fotos
festas
  • Festa do Mexillón (1º domingo de agosto)
  • Romaría da Carballeira de Bronlle (no mes de agosto)
Skip to content