29/11/2024
O termo
neurodiverxente se utiliza para describir as diferenzas no funcionamento do
cerebro das persoas. As crianzas neurodiverxentes teñen cerebros que funcionan
de maneiras distintas, o que pode levarlles a desafíos na vida diaria. Sen
embargo, tamén poden ter habilidades e talentos únicos que deben ser apoiados e
valorados. Debemos falar cos nenos e coas nenas explicándolles que dentro do
seu grupo as persoas son diferentes e que non existe un estándar que sexa
mellor cos demais. Mediante xogos e dinámicas, na ludoteca aprenderemos a
coñecernos, a respectarnos, a entendernos… a convivir!
- Luns 2: COÑECENDO OUTRAS FORMAS DE COMUNICACIÓN (LSE e pictogramas).
- Martes 3: COÑECENDO OUTRAS FORMAS DE LER (obradoiro).
- Mércores 4: EXPLORANDO SENTIDOS (dinámicas dos sentidos).
- Xoves 5: QUE PASARÍA SE…? (dinámica das diferenzas).
- Venres 6: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as
familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a
venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao
público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de
solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das
que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38
(tardes).