POKEMON

Pokemon é un xogo de rol e entretemento de moito éxito. Trátase dunha serie lexendaria onde aparecen criaturas de todo tipo de formas e tamaños que viven nun mundo salvaxe ou xunto aos seres humanos. Existen numerosos tipos diferentes e cada tipo ten as súas peculiaridades e características. Todo un mundo por descubrir que lles fascina ás nosas crianzas. Por iso imos dedicarlle esta semana a este xogo.

Luns 4: POKEMON AUGA (xogos e obradoiros).

Martes 5: POKEMON TERRA (xogos e obradoiros).

Mércores 6: POKEMON AIRE (xogos e obradoiros).

Xoves 7: POKEMON LUME (xogos e obradoiros).

Venres 8: XINCANA POKEMON (xincana).

O horario de apertura da ludoteca é de 09:00 a 14:00 horas e para asistir é imprescindible reservar horario.

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).