Tenda
TELMA E LOLA
4.00€
Proxección do espectáculo teatral da compañía TEATRO DE NINGURES.
Esgotado
Categoría: Entradas
Descrición de produto
Venres 30 de outubro
Lugar: IES As Barxas
Compañía: TEATRO DE NINGURES
Hora de comezo: 21:00h
Idioma: Galego
Duración da obra: 75 minutos
Recomendada para público a partir dos 16 anos
TELMA E LOLA
Sinopse
Comedia con aires de misterio criminal en formato PODCAST
Lola chega á vila onde naceu e da que marchou hai 30 anos coa súa parella, Rosalía, dun día para outro e sen que ninguén soubera ben o motivo. Ou case ninguén.
Agora regresa para baleirar a casa, poñela en venta e liscar de novo a Tenerife. Unha visita de puro trámite. Lola pretende evitar a toda costa o trato social cos habitantes da vila e calquera cousa que lle faga remexer no seu pasado. Pero o seu plan axiña se torce.
A axente que se vai encargar da venta, Telma, é una moza insegura e entusiasta que ten idealizadas a Lola e Rosalía por ter sido a primeira parella lesbiana da vila. E máis naquela época.
Telma busca unha nova vocación como creadora de contidos e ve na historia de Lola un tema perfecto para o seu podcast. Lola, espaventada pola curiosidade da moza, tenta tirarlle esa idea da cabeza. Pero non hai xeito. Telma investiga pola súa conta e chega á conclusión de que a fuxida de Lola e Rosalía oculta un segredo aínda máis grande.
Un morto. Un crime. Un misterio aínda sen resolver
ELENCO
TELMA & LOLA

