Que se fala no mundo?
A diversidade das linguas mundiais e a súa aprendizaxe contribúen ao entendemento entre os pobos e culturas. As linguas son vehículos de valores éticos, o que favorece unha cultura de paz, así coma o fomento da innovación e a creatividade das persoas. Aprenderemos a respectarnos coñecendo distintas linguas, falando e deixando falar, vendo á outra persoa como unha interlocutora válida e unha igual. E todo… xogando sen parar!
- Luns 31: PECHADO: PONTE (desculpen as molestias)
- Martes 1: PECHADO: FESTIVO NACIONAL
- Mércores 2: AS LINGUAS DO MUNDO (xogo de pistas).
- Xoves 3: LINGUA DE SIGNOS (xogo da oca con LSE).
- Venres 4: ENCAIXANDO IDIOMAS (quebracabezas dos idiomas).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).