A Ludoteca de Moaña reabre despois de meses pechada por mor da pandemia do coronavirus.

Adaptándonos á nova normativa e pensando sempre na seguridade das crianzas, a ludoteca adaptou o seu protocolo ás medidas hixiénico-sanitarias recomendadas polos organismos competentes. Isto fixo que se tiveran que adaptar espazos, medidas de hixiene e limpeza, xoguetes, normas de asistencia…

Como NORMAS XERAIS:

  • a ratio máxima establecida será de 9 participantes por sala
  • empregarase máscara de protección
  • manterase distanciamento interpersoal de 1,5 metros
  • realizaranse medidas de hixiene na recepción, durante o xogo e na despedida (xel hidroalcohólico, lavado frecuente de mans, desinfección de zonas comúns e material manipulativo)

Ademais, as FAMILIAS deberán:

  • coñecer o novo protocolo de funcionamento da ludoteca
  • asinar unha declaración responsable previa incorporación ao servizo
  • reservar horario de asistencia como mínimo un día antes de precisar o servizo e respectalo estritamente
  • non poderán acceder ao interior das instalacións

E as CRIANZAS:

  • coñecerán e respectarán á nova normativa para o xogo
  • xogarán en espazos delimitados e xoguetes previamente hixienizados
  • traerán unha máscara de reposto
  • non poderán compartir merendas, bebidas, roupa…

A ludoteca seguirá sendo un espazo educativo no que as crianzas aprenden ao mesmo tempo que xogan. O xogo permitiralles aprender e fortalecer habilidades sociais, traballar coas emocións, favorecer a comunicación e a socialización, fortalecer a autoestima e autonomía, fomentar a empatía…

Para lograr estes obxectivos traballarase cada semana cunha temática diferente e a través de pequenos proxectos: educación emocional, medio ambiente, cultura, tradicións, música, arte…

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude, que se poden solicitar na ludoteca con cita previa. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Este curso escolar o iniciamos o LUNS 28 de setembro no horario habitual de apertura: de 16.00 a 20.00 horas.

A ludoteca, para xestións coas familias, tamén abre todos os luns pola mañá de 10.00 a 13.00 horas (altas, bonos…).

A programación do primeiro trimestre será a seguinte:

SETEMBRO-OUTUBRO 2020

SETEMBRO-OUTUBRO 2020
Do 28 de setembro ao 2 : DIVERSIÓN NO CURRAL
Do 5 ao 9: SEMANA MUNDIAL DO ESPAZO

SETEMBRO-OUTUBRO 2020
Do 28 de setembro ao 2 : DIVERSIÓN NO CURRAL
Do 5 ao 9: SEMANA MUNDIAL DO ESPAZO
Do 13 ao 16: HOXE TOCA…
Do 19 ao 23: ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS
Do 26 ao 30: UN SAMAÍN DE MEDO

NOVEMBRO 2020
Do 2 ao 6: DOBRA QUE TE DOBRA
Do 9 ao 13: A VOLTAS CO SAN MARTIÑO
Do 16 ao 20: SEMANA UNIVERSAL DOS NENOS E DAS NENAS
Do 23 ao 27: SEN VIOLENCIA!

DECEMBRO 2020
Do 30 de novembro ao 4: TOD@S SOMOS UN POUCO MARCIAN@S
Do 9 ao 11: REVOLUCIÓN MUSICAL
Do 14 ao 22: INVERNO EN CAMIÑO
Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro: LUDONADAL

En canto á programación desta primeira semana:

Do 28 de setembro ao 2 de outubro: DIVERSIÓN NO CURRAL

  • Luns 28 setembro: XOGOS DE BENVIDA
  • Martes 29 setembro: XOGOS DIVERTIDOS
  • Mércores 30 setembro: XOGOS DE TEATRO
  • Xoves 1 outubro: XINCANA DA RISA
  • Venres 2 outubro: SAÍDA RECHOUCHÍOS: QUINTELA

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).