Seguimos co programa dos Rechouchíos para maio e xuño con actividades infantís de teatro, narración oral, humor, monicreques, música en directo e xogos populares desde o venres 9 de maio ata o venres 13 de xullo, no que teremos a gran festa final desta temporada, o FESTICHÍO, cun programa completiño de música para todas as idades e xogos populares para pasar unha tarde xogando, cantando e brincando en familia no arboredo da Xunqueira.