O Concello de Moaña xa ten en marcha o proxecto de rehabilitación das carpinterías de ribeira da Seara. Esta iniciativa cofinanciada pola Deputación de Pontevedra e o GALP Ría de Vigo – A Guarda supón o gran primeiro paso para que a transformación da contorna da Seara sexa unha realizdade. Este proxecto permitirá converter os estaleiros tradicionais de Carlagho e Casqueiro nun espazo de uso museístico e cultural integrado na futura gran praza de preferencia peonil na que se transformará o tramo final da Avenida Concepción Arenal. Cun custe de case un millón de euros, ademais de recuperar a estrutura de madeira destas instalacións, formada por pórticos característicos, a execución deste proxecto permitirá continuar o paseo marítimo actual respectando as ramplas varadoiro.