Reiniciando o verán na ludo

Mañá reabrimos a ludoteca despois de tanto tempo!!! 

E para rematar o verán con bo sabor de boca, temos programadas as seguintes actividades:

  • Xoves 2: REFUGALLOS (obradoiro).
  • Venres 3: XOGOS DE PATIO (xincana no patio).
  • Luns 6: BIBLIOXARDÍN (obradoiro e xogos con contos).
  • Martes 7: MÁSCARA DE DINOSAURIO (obradoiro).
  • Mércores 8: SURFEANDO (obradoiro e xogos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).