Os conceptos tan abstractos coma o universo son moi difíciles de explicar ás crianzas, pois estas soen fixarse no que teñen ao redor pero todo o que se escapa da súa visión é complicado de entender a nivel espacial. Para despertar o seu interese por coñecer e comprender o espazo imos a mostrarlles primeiro unha idea global, na que imos interrelacionar todos os conceptos a un mesmo tempo, mediante o xogo, dinámicas divertidas e obradoiros. Así:

  • Luns 9: NEBULOSAS (obradoiro).
  • Martes 10: OBRADOIRO OVNI (obradoiro).
  • Mércores 11: SISTEMA SOLAR (obradoiro).
  • Xoves 12: XOGO DO ESPAZO (xogo con fichas).
  • Venres 13: SAÍDA RECHOUCHÍOS: Centro Sociocultural Ramón Cabanillas, O Real: ATENEA GARCÍA: BICHOCAS

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).