AS FORMAS DO AMOR

AS FORMAS DO AMOR

Entradas á venda só na tenda desta páxina web.

O prazo para mercar a entrada comezará o Mércores, 30 de setembro
Adquisición máxima de 4 entradas por persoa.

O acceso ao IES As Barxas comezará 45 minutos antes do comezo da sesión.


Venres 2 de outubro
Lugar: IES As Barxas
Compañía: Verdeveras Expresións Artísticas e CDG
Hora de comezo: 21:00h
Idioma: Galego
Duración da obra: 65´
Recomendada para público a partir dos 16 anos

AS FORMAS DO AMOR

Sinopse

Ela e el foron parella. Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e undespois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano,sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Logo dun tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto paravolver atoparse por primeira vez. Unha viaxe polas emocións. Unha historia para falar ereflexionar sobre iso que chamamos “amor”.

ELENCO

Texto orixinal: María Angeles Iglesias

Dirección: Gena Baamonde

En escena: Sergio Zearreta e María AngelesIglesias

Deseño sonoro e música orixinal: Tato López

Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas

Construción da escenografía: persoal do CDG

Equipo técnico en xira: RTA

Produción Xeral: Verdeveras ExpresiónsArtísticas

Coproduce: Centro Dramático Galego

ACCESO AO RECINTO

Presenta na entrada o teu número de pedido que ven seguido dunha #, ou o nome e apelidos que figuran no teu correo de compra.

Ir o contido