Actividades para público infantil e familiar

Volvemos cunha nova programación dos Rechouchíos para setembro e outubro de 2021 con sete propostas nas tardes dos venres ás 18.00 h para público infantil e familiar.

As seis primeiras actividades están enmarcadas no programa Ler conta moito da Xunta de Galicia que ten por finalidade a dinamización da lectura desde idades temperás. A última, a finais de outubro, está financiada pola Deputación de Pontevedra.

O cartel RECHOUCHÍOS septembro e outubro 2021