As cores do outono

Remata o verán e comeza unha nova estación: o outono. Na ludoteca imos vestir con adornos novos desta estación as diferentes estancias, e tamén xogaremos e realizaremos obradoiros relacionados con esta estación do ano tan bonita e colorida: 

  • Luns 20: QUE TEMPO HAI NO OUTONO? (obradoiro e xogos).
  • Martes 21: DECORADO DE OUTONO (obradoiro decoración). 
  • Mércores 22: OBRADOIRO ANIMAIS (obradoiro decorativo).
  • Xoves 23: PINTANDO FOLLAS (obradoiro).
  • Venres 24: TÍTERES COGOMELO (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).