As familias
A familia proporciona as necesidades básicas das crianzas cando nacen e lles axudan a sobrevivir neste mundo. Nela aprenden costumes, descobren normas, adquiren habilidades sociais, atopan apoio emocional… Descubrir como é a familia de cadaquén, a súa historia, as profesións, as mascotas, as costumes, as anécdotas… mediante dinámicas de xogo divertidas e obradoiros fará que cada crianza aprenda, ademais, cal é a súa responsabilidade dentro da súa familia e cales son os valores que deben respectar. Así:
- Luns 27: COMO É A MIÑA FAMILIA? (explicación e obradoiro).
- Martes 28: A MIÑA HISTORIA FAMILIAR: ÁRBORE XENEALÓXICA (investigación).
- Mércores 29: PROFESIÓNS (mural pola igualdade).
- Xoves 30: OBRADOIRO: A MIÑA FAMILIA (obradoiro).
- Venres 1: ANIMAIS E MASCOTAS DA FAMILIA (xogos matemáticos).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).