As Letras Galegas con Xela Arias

O Día das Letras Galegas é unha celebración que serve para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola defensa da lingua galega. Cada ano se dedica a unha personalidade diferente, sendo Xela Arias a muller escollida esta ano 2021 para tal celebración. 

Xela Arias foi unha escritora, poeta, tradutora, editora e profesora. Pero tamén foi unha muller comprometida, ecoloxista e feminista. E grazas a ela aprenderemos moito ao tempo que xogamos na ludoteca:

  • Luns 17: PECHADO – DÍA DAS LETRAS GALEGAS
  • Martes 18: MURAL BIOGRÁFICO (mural).
  • Mércores 19:  FOTO-COLLAGE (actividade artística).
  • Xoves 20: CREACIÓN POÉTICA (poema colectivo).
  • Venres 21: SOPA DE LETRAS (xogo de buscar letras).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).