Imaxe corporal

Ter unha boa imaxe corporal axuda a ter confianza, favorece a autoestima, permite a valoración positiva das capacidades propias e tamén o recoñecemento e aceptación dos límites e imperfeccións. Polo tanto, a imaxe corporal forma parte da autoimaxe global de cada persoa. 

Na ludoteca, mediante xogos e obradoiros, aprenderemos a coñecernos mellor tomando consciencia do corpo como totalidade , a construír o propio espazo e a establecer límites. 

  • Luns 10: XOGOS DE COÑECEMENTO (xogos).
  • Martes 11: ASÍ SON EU (obradoiro).
  • Mércores 12:  MOVEMOS O CORPO (xogos de exercicio).
  • Xoves 13: OBRADOIRO: O CORPO HUMANO (obradoiro).
  • Venres 14: XOGOS DE EXPRESIÓN CORPORAL (xogos).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).