Vivenda:
O acceso a unha vivenda digna é un dos factores de igualdade na nosa sociedade.
Construír vivenda de protección oficial ten implicacións profundas na problemática socioeconómica da cidadanía. A vivenda social que se promova debe ser de calidade. Ben entendida se constitúe nun instrumento para incidir incluso nos prezos do mercado da vivenda en réxime libre, desincentivando a especulación e aportando un efecto sanador no desenvolvemento urbano, que pode chegar a participar na mellora de áreas degradadas ou menos centrais.
Na área de Vivenda prevalece contribuír a que o desenvolvemento urbano avance.
Preténdense obter melloras no espazo público que serve ás vivendas en xeral pero, o obxectivo fundamental é obter solo para facilitarllo ás entidades públicas con competencias para construír vivenda social e así lograr parque de vivenda de protección oficial de calidade no noso municipio.