Regulamento Veciñal

Regulamento Veciñal

Preámbulo

Ao aprobar o seu Regulamento de Participación Veciñal en agosto de 1993, o Concello de Moaña converteuse en pioneiro na articulación do dereito dos veciños e veciñas a participar da xestión municipal.

Afirmaba o preámbulo daquel primeiro Regulamento:
“ A democracia participativa, emanada da base da sociedade a través da iniciativa popular e das organizacións e entidades comunitarias, debe ser o complemento e elemento enriquecedor da democracia representativa. Participación e descentralización, xunto coa eficacia e a transparencia na xestión, permiten a un concello aberto e democrático impulsar unha actuación ao servizo dos intereses da comunidade”.

Estas palabras seguen mantendo a súa plena validez e o Regulamento entón aprobado é ainda hoxe en día un documento avanzado, modelo a imitar por moitos Concellos galegos. Non obstante, a maduración democrática da sociedade moañesa e o seu desexo de implicarse de maneira corresponsable nas decisións colectivas, esíxenos proceder á modificación daquela regulamentación inicial para profundizar na participación social e promover novos instrumentos de control cidadán sobre a xestión municipal.

Polo tanto, proponemos a seguinte MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL DO CONCELLO DE MOAÑA que, partindo do texto de 1993, incorpora a experiencia de dez anos de posta en práctica e pretende adecuar o modelo de participación á realidade da Moaña actual, incidindo sobre todo nos seguintes puntos:

a) Recoñecer as entidades territoriais (parroquias e barrios) mediante a regulación do funcionamento dos Consellos Parroquiais e de Barrio.
b) Reforzar os mecanismos de información e participación das entidades sociais nas decisións municipais.
c) Preservar os dereitos dos veciños a unha Administración local transparente, eficiente e eficaz.

Do regulamento

Artigo 1. Este Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, en cumprimento do disposto polo artigo 70 da lei 7/1985, de 2 de abril, e exposto durante trinta días naturais desde a súa publicación, co obxecto de recoller as alegacións que pudiesen presentarse no Rexistro do Concello e proceder á súa definitiva redacción.

Do rexistro municipal de asociacións

Artigo 2. – As federacións, asociacións veciñais, culturais, empresariais, sectoriais, etc., que desexen participar na vida municipal, suxeitas ao presente Regulamento, deberán inscribirse no Rexistro Municipal de Asociacións, aportando os seguintes datos:
a)Estatutos.
b)Número de inscrición do Rexistro Xeral de Asociacións, como acreditación de estaren legalmente constituídas.
c)Nome das persoas que componen a xunta directiva.
d)Domicilio social.
e)Certificación do número de socios.

Deberán ademais demostrar a súa vontade mediante certificación dos seus órganos directivos que recolla o acordo de inscrición.

Da participación veciñal

Artigo 3.- A administración Municipal favorecerá o desenvolvemento das Asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos vecinos, facilitarlles a máis ampla información sobre as súas actividades e dentro das súas posibilidades o uso dos medios públicos.

Artigo 4.- As Asociacións inscritas estarán exentas do pago de taxas pola presentación de escritos ou pola consecución de copias e certificacións, sempre que se trate dos intereses xerais ou sectoriais perseguidos por cada asociación.

Artigo 5.- O Concello recabará o concurso e opinión das Asociacións naqueles asuntos que lles afecten.

Artigo 6,- Constitúen dereitos de todo veciño:

a) O acceso aos expedientes e documentos municipais que lles afecten persoalmente ou nos que estean interesados lexítimamente, sempre que non se vulneren os dereitos de terceiros.
b) Obter copias e certificacións do Concello coa salvidade anteriormente sinalada.

Artigo 7,- Na oficina de Información da Casa Consistorial atoparase a disposición dos vecinos papel impreso para formular as súas peticións.

Artigo 8.- Na oficina de Información existirá un Libro de Queixas e Reclamacións a disposición de todos os vecinos para a recollida das que afecten ao funcionamento da Administración Municipal, dándose conta mensualmente onde corresponda (Delegados ou Comisión de Goberno).

Artigo 9.- Todas as queixas, reclamacións, denuncias, solicitudes, preguntas ou rogos dirixidos a calquera órgano ou departamento municipal, que se presenten por escrito, ben no Libro de Queixas e Reclamacións ou polo Rexistro Xeral do Concello, recibirán resposta individualizada polo responsable de goberno ou administrativo no prazo máximo de trinta días, a contar dende a data de recepción da mesma. Non cabe, en ningún caso, o silencio ás cuestións formuladas, debendo ser todas as demandas debidamente contestadas.

Artigo 10.- As convocatorias e orde do día das sesións plenarias transmitiranse aos medios de comunicación e faranse públicas no taboleiro de anuncios do Concello.

Da información municipal

Artigo 11.- O Concello facilitará ás entidades e asociacións en xeral inscritas, unha copia das publicacións que edite, sempre que resulte de interés para a entidade atendendo ao seu obxectivo social.

Da participación nos órganos municipais: pleno e comisións

Artigo 12.- Todos os Plenos da Corporación Municipal celebraranse de luns a venres a partir das 20.00 h. Os Plenos Ordinarios terán lugar os últimos xoves de cada mes á mesma hora.

Os Plenos da Corporación e as Comisións Informativas serán sempre abertos e o Concello deberá garantir o acceso e a estancia digna e cómoda de todos os vecinos e veciñas que desexen asistir ás Sesións. Cando se prevexa a asistencia dun importante número de veciños e veciñas e que polo tanto o aforo do Salón de Plenos da Casa Consistorial non sexa suficiente para garantir o acceso, a Alcaldía habilitará para a celebración da Sesión un local con aforo suficiente.

Artigo 13.- Cada Asociación ou Entidade que desexe efectuar unha exposición ante o Pleno en relación con algún punto da orde do día, deberá solicitalo ao alcalde antes de comezar a sesión.

Artigo 14.- As propostas ou mocións que presenten as asociacións ou entidades rexistradas deberán ser dictaminadas ola Comisión Informativa correspondente antes do seu paso ao Pleno.

Artigo 15.- As sesións das Comisións Informativas serán sempre públicas. Nelas poderán intervir os representantes das asociacións ou entidades rexistradas, con voz pero sen voto. A solicitude para participar poderá ser verbal, en calquera momento antes de dar comezo a reunión.

Artigo 16.- Unha copia da acta dos Plenos será remitida a cada unha das asociacións veciñais ou entidades que o teñan solicitado.

Dos consellos sectoriais

Artigo 17.- Os Consellos Sectoriais son órganos complementarios da institución municipal para a participación directa dos veciños agrupados en asociacións para facer cegar as súas iniciativas aos distintos órganos do Concello.

Artigo 18.- Os Consellos Sectoriais reuniranse cunha periodicidade trimestral, convocados polo seu presidente ou por solicitude da cuarta parte dos seus membros.

Artigo 19.- As reunións dos Consellos Sectoriais son sempre públicas e a intervención de particulares interesados no asunto que se aborde, será cando así o teña solicitado antes de comezar a reunión.

Artigo 20.- Os Consellos Sectoriais réxense por cadansúas normas de réxime de funcionamento interno elaborado no seu seo.

Artigo 21.- As funcións dos Consellos Sectoriais son as de consulta, informe e proposta sobre os plans, proxectos e iniciativas de actuación municipal que lles afecten no seu ámbito definido.

Artigo 22.- Poderanse formar, por acordo do Pleno, os Consellos Municipais de Cultura, Saúde, Deportes, Educación, Medioambiente e todos aqueles que o Concello considere necesarios.

Artigo 23.- Os Consellos Sectoriais estarán formados polo Alcalde ou membro da corporación en quen delegue, e como vocais por un representante nomeado por cada grupo municipal e por cada unha das asociacións interesadas en integrarse neste órgano e rexistradas como tales.

Artigo 24.- Serán funcións do Consello Sectorial:

a) Informar ao Concello sobre os problemas específicos do sector.
b) Proponer aquelas solucións e alternativas aos problemas da área de actuación, sendo os seus informes de consideración polos órganos do Concello a quen lles corresponda decidir sobre o asunto.
c) Proceder ao seguimento dos acordos adoptados polo Concello sobre as propostas do Consello Sectorial.
d) Os Consellos Sectoriais velarán especialmente porque o orzamento destinado ao ámbito que lles afecte non sexa desviado para outros fins.

Dos consellos de veciñais

Artigo 17.- Os Consellos Sectoriais son órganos complementarios da institución municipal para a participación directa dos veciños agrupados en asociacións para facer cegar as súas iniciativas aos distintos órganos do Concello.

Artigo 18.- Os Consellos Sectoriais reuniranse cunha periodicidade trimestral, convocados polo seu presidente ou por solicitude da cuarta parte dos seus membros.

Artigo 19.- As reunións dos Consellos Sectoriais son sempre públicas e a intervención de particulares interesados no asunto que se aborde, será cando así o teña solicitado antes de comezar a reunión.

Artigo 20.- Os Consellos Sectoriais réxense por cadansúas normas de réxime de funcionamento interno elaborado no seu seo.

Artigo 21.- As funcións dos Consellos Sectoriais son as de consulta, informe e proposta sobre os plans, proxectos e iniciativas de actuación municipal que lles afecten no seu ámbito definido.

Artigo 22.- Poderanse formar, por acordo do Pleno, os Consellos Municipais de Cultura, Saúde, Deportes, Educación, Medioambiente e todos aqueles que o Concello considere necesarios.

Artigo 23.- Os Consellos Sectoriais estarán formados polo Alcalde ou membro da corporación en quen delegue, e como vocais por un representante nomeado por cada grupo municipal e por cada unha das asociacións interesadas en integrarse neste órgano e rexistradas como tales.

Artigo 24.- Serán funcións do Consello Sectorial:

a) Informar ao Concello sobre os problemas específicos do sector.
b) Proponer aquelas solucións e alternativas aos problemas da área de actuación, sendo os seus informes de consideración polos órganos do Concello a quen lles corresponda decidir sobre o asunto.
c) Proceder ao seguimento dos acordos adoptados polo Concello sobre as propostas do Consello Sectorial.
d) Os Consellos Sectoriais velarán especialmente porque o orzamento destinado ao ámbito que lles afecte non sexa desviado para outros fins.

Do valedor dos veciños

Artigo 31.- O Valedor dos Veciños é un órgano unipersoal que se crea para a defensa dos dereitos e intereses dos veciños de Moaña, tanto a nivel individual como colectivo, e para o control dos actos da Administración local en relación cos administrados. O Valedor configúrase como un órgano de garantía e colaboración entre o Concello e a cidadanía.

Artigo 32.- O Valedor será elixido polo Pleno da Corporación a proposta da Xunta de Portavoces. A ou as candidaturas poderán ser propostas á Xunta de Portavoces por algún gupo político ou por algún colectivo veciñal.

Artigo 33.- O Valedor dos Veciños exercerá o cargo para o que foi designado por un período de tres anos revalidable unha soa vez, de forma que só poida desenvolvelo a mesma persoa durante seis anos consecutivos.
Artigo 34.- O Valedor do Veciño non estará suxeito a mandato imperativo algún nin recibirá instruccións de ninguna autoridade no desempeño das súas funcións, para o que contará con autonomía e independencia nas súas actuacións e criterio propio.

Artigo 35.- A condición de Valedor do Veciño é incompatible on todo mandato representativo de elección popular, coa permanencia no servicio activo no Concello de Moaña, ou organismos ou entes oficiais con el relacionados; co exercicio das cairreiras xudicial, fiscal e militar e co desempeño de funcións directivas nunha asociación ou fundación, partido político sindicato, organización empresarial ou entidades dependentes dos mesmos.

Artigo 36.- O Valedor do Veciño ten como misión a prestación dun servicio de asesoramento, mediación, información e intervención coa cidadanía nas súas relacións co Concello de Moaña, Organismos Autónomos, Patronatos, Fundacións e outros entes que constitúen a Corporación Local.

Para o desenvolvemento das súas funcións terá as seguintes competencias:

1.- Iniciar e practicar unha investigación para o esclarecemento de actos ou conductas municipais que afecten a unha persoa ou un grupo de cidadáns.

2.- Dirixir recomendacións ou recordar deberes legais aos órganos competentes.

3.- Emitir informes na área da súa competencia a solicitude do Pleno da Corporación ou por iniciativa propia.

4.- Divulgar, a través de todos os medios ao seu alcance, a natureza dos seus traballos, as súas investigacións e o Informe anual.

Artigo 37.- O Valedor do Veciño poderá iniciar as súas actuacións de oficio ou a instancia de parte.

Artigo 38.- O Valedor do Veciño actuará conforme aos principios de cooperación e lealdade institucional. Os órganos de goberno municipal terán o deber e a obriga de facilitar o labor de Valedor do Veciño, dotándoo dos medios humanos e técnicos necesarios para o cumprimento das súas funcións. Así mesmo, os Departamentos, Servicios, Sociedade Anónimas Municipais e outros entes que constitúen a Administración municipal teñen o deber de auxiliar ao Valedor dos Veciños en todas as súas actuacións.

Artigo 39.- O Pleno da Corporación aprobará un Estatuto do Valedor do Veciño que recolla con detalle o sistema de elección, funcións e protocolo de actuación.

Da oficina de participación veciñal

Artigo 40.- O Concello de Moaña disporá dunha Oficina de Participación Veciñal, dirixida polo Concelleiro- Delegado da área, para facilitar a información pública e o asesoramento aos veciños e asociacións veciñais sobre os asuntos municipais de interés colectivo.

Skip to content