DOBRA QUE TE DOBRA

A papiroflexia é unha arte xaponesa na que a través do pregado de papel se elaboran figuras e formas. A súa práctica é altamente beneficiosa xa que con ela as nosas crianzas melloran a coordinación óculo-manual, desenvolven a capacidade de concentración, aumentan a memoria, fomentan a creatividade, se relaxan…

Por todo o citado e porque ademais é divertido, esta semana na ludoteca imos dedicala a traballar con papel:

A programación diaria será a seguinte:

  • Luns 2: PECHADO
  • Martes 3: COMECOCOS DE PROBAS (obradoiro).
  • Mércores 4: ANIMAIS (obradoiro).
  • Xoves 5: CASIÑA DE ORIGAMI (obradoiro).
  • Venres 6: BONECO QUE BAIAL (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).