Visitas, plans e ideas para coñecer MOAÑA
Moaña é unha vila que ten moito por ofrecer a quen a visita, tanto para aquelas persoas que veñen pasar unha xornada de lecer, como para as que deciden gozar das súas vacacións o noso concello.
Natureza e bosques autóctonos, aqueles que conservan aínda a dignidade arbórea pese ao paso do tempo; prehistoria e pasado medieval que se conxugaron para dar paso a unha cultura mariñeira arraigada no sentir da vila; música e folclore que acompañan celebracións senlleiras e competicións deportivas do máis alto nivel e, como non, praias que invitan ao refuxio nestas nosas augas atlánticas -que tan boa gastronomía nos agasallan- son algunhas das razóns polas que Moaña é sempre unha magnífica elección.
“sempre atopa un novo motivo para retornar unha vez máis”
- Moito por ofrecer.
- Para quen viaxa en familia
- Para quen ama o sendeirismo
- Para quen busca a cultura mariñeira
- Para quen segue as pegadas da historia
- Ollar Moaña dende as alturas
- De area e pedras molladas