EXPOSICIÓN “O herbario de Rosalía”

O mércores 15 de novembro inauguramos a exposición ‘O Herbario de Rosalía‘, ás 20.00 h, na Casa da Mocidade de Moaña. Anxo Angueira falaranos do libro editado co mesmo nome pola Fundación Rosalía De Castro.

A exposición ‘O Herbario de Rosalía‘ vai estar aberta ao público desde a inauguración ata o sábado 25 de novembro incluído de 17 a 21 h na Casa da Mocidade (excepto o domingo 19 xa que este espazo está pechado).

A mostra consta de 40 imaxes dos 150 pregos que conforman o Herbario físico creado polas profesoras Isabel Fraga Vila e María López Sández. As 40 imaxes do Herbario divídense en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles. Cada unha destas seccións vai acompañada dun panel explicativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así­ como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza. Acompáñao un vídeo co recitado profesional dos versos de Rosalí­a e a proxección da totalidade dos pregos.