A infancia contra a violencia

A vindeira semana ven cargada de celebracións. Xa o luns 20 de novembro de conmemora o Día Universal do Neno e da Nena, e o sábado 25 o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A ludoteca no seu día a día non cesa no seu compromiso e implicación pola loita dos dereitos de todas as persoas e esta semana traballaremos especialmente entorno a ditas conmemoracións. Traballando sobre a igualdade, a prevención, a expresión dos sentimentos, o recoñecemento das emocións, a educación en valores… intentaremos contribuír a mellorar as nosas relacións humanas e a non violencia. E se o facemos de xeito divertido… pois moito mellor porque interiorizaremos eses valores positivos case sen darnos conta. Será unha semana cargada de sensibilidade e de xogos!

  • Luns 20: MANS DOS DEREITOS (obradoiro).
  • Martes 21: CHAPA DAS CRIANZAS (obradoiro).
  • Mércores 22: PUZZLE CONTRA A VIOLENCIA (obradoiro).
  • Xoves 23: XOGOS DA INFANCIA (xogos de sempre).
  • Venres 24: DÍA LARANXA (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).