Un mundo cheo de cores

O domingo 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con Diversidade Funcional. Estudar, xogar… con estas persoas ten moitas vantaxes e nos axuda a mostrar ás crianzas as diferenzas entre as persoas coas que convivimos. Dentro das diferenzas que temos cada un/ha de nós, hai algunhas que son máis visibles que outras, algunhas son apreciables a simple vista e outras son menos observables. Na ludoteca somos conscientes destas peculiaridades e pensamos que ademais de actuar de xeito exemplar, hai que normalizar, ter empatía e, sobre todo, ser natural. Mediante divertidos xogos e con esta actitude fronte á diversidade lograremos unha inclusión real e total de cada persoa da comunidade e fará que o noso entorno sexa máis igualitario e solidario.

  • Luns 27: AZUL (xogos co tacto).
  • Martes 28: CAIXA DE CORES (mural da diversidade funcional).
  • Mércores 29: AMARELO (xogos con dificultades).
  • Xoves 30: VERMELLO (xogos de audición).
  • Venres 1: VERDE (xogos adaptados).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).