Festas do verán

Xa estamos na última semana do mes de xullo, e imos celebrar festas temáticas durante estes días para despedir este mes. Pasarémolo en grande facendo talleres, xogando con auga, cos xogos populares da Asociación Juan XXIII e na festa pirata do último día!

  • Martes 26: SURF (obradoiro).
  • Mércores 27: AUGA (xogos con auga: traede unha muda de roupa para cambiarnos, bañador/bikini e toalla).
  • Xoves 28: ROMARÍA (xogos populares coa colaboración da Asociación Juan XXIII).
  • Venres 29: PIRATAS (festa temática: podedes vir disfrazad@s e hai que traer algo de comer para compartir).

O mes de agosto a ludoteca permanecerá pechada con motivo das vacacións do persoal. Volveremos en setembro con nova programación en horario de mañá ata o día de comezo da escola. 

O horario de apertura da ludoteca é de 09:00 a 14:00 horas e para asistir é imprescindible reservar horario.

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).