Presentación do programa DÍAS DE MAR

Xa presentamos o cartel e a programación “Días de Mar de Moaña 2022” para o que contamos coa presenza do dramaturgo domaiés Santiago Cortegoso, un dos principais expoñentes da dramaturxia galega na actualidade e que, nesta edición, presta un fragmento de “O ronco do carneiro” (Ed. Positivas e CDG, DramaturXa) que pon en contexto á imaxe de Diego Seixo tomada no Fontán, en Domaio.

A presentación tamén contou coa presenza dalgunhas das asociacións colaboradoras que participan nesta programación que encherá Moaña de actividade no mes de agosto.

Do 1 ao 21 de agosto de 2022.

PULSAR IMAXES PARA AMPLIAR