TROTAMÚSIC@S

A música mellora a capacidade intelectual e a memoria; o ritmo das cancións favorece a expresión, a imaxinación e a creatividade. E, ademais, a través dela fomentamos a sociabilidade, a tolerancia, a empatía e o traballo en grupo. 

Esta semana, ademais dos obradoiros musicais e dos xogos que temos preparados, contaremos cunha programación especial: un pequeno concerto o venres de clarinete e trompeta que nos van a ofrecer Ainvar e Maia, irmáns que xogaron con nós na ludoteca durante moitos anos!

Luns 18: PERCUSIÓN CON NOCES (obradoiro).

Martes 19: MÚSICA CON CHAPAS (obradoiro).

Mércores 20: XOGOS MUSICAIS (xogos).

Xoves 21: ANIMACIÓN MUSICAL (xogos).

Venres 22: MÚSICA E MOVEMENTO (concerto e xogos).

O horario de apertura da ludoteca é de 09:00 a 14:00 horas e para asistir é imprescindible reservar horario.

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).