Laboratorio de investigacións

Á rapazada encántalle investigar, escudriñar, indagar… e a primavera é un momento ideal para facelo, pois hai novas plantas, máis bechos, máis horas de luz… Así que comezaremos o terceiro trimestre creando un pequeno laboratorio na ludoteca onde poder facer investigacións.

Mediante obradoiros e dinámicas, aprenderemos novas e interesantes cousas:

  • Martes 6: CREAMOS UN LABORATORIO (obradoiro).
  • Mércores 7: INVESTIGAMOS CO MOVEMENTO (obradoiro).
  • Xoves 8: CORES E LUCES (obradoiro).
  • Venres 9: AUMENTOS (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).