Mellorando …
Coa realización de hábitos que nos permiten superarnos día a día conséguese que nos sintamos persoas realizadas e ocupadas, o que é esencial para o benestar e a felicidade. E xa dende a infancia hai que fomentar o autocoidado persoal, físico e emocional para a mellora da calidade de vida e das relacións sociais.
O programa de actividades para a semana terá que ver directamente co autocoidado e inclúe un cambio de horario o venres 30 que, coma non hai escola en Moaña, a ludoteca abrirá as súas portas só pola mañá para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. :
- Luns 26: … NO DEPORTE (xogos predeportivos).
- Martes 27: … NO BENESTAR PERSOAL (xogos de ioga).
- Mércores 28: … NOS HÁBITOS SAUDABLES (lapbook).
- Xoves 29: … NA AUTOESTIMA (dinámicas).
- Venres 30 (de 09:00 a 14:00 horas): … NA VIDA (xincana).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).