Contando contos
O vindeiro venres 23 de abril celébrase o Día do Libro, e para nós é unha data moi importante. A animación á lectura debe despertar e cultivar o desexo e o gusto pola lectura. Para isto debemos empregar un conxunto de recursos e estratexias que faciliten o acercamento da rapazada aos libros dun xeito divertido e enriquecedor. E grazas á lectura, ademais, se enriquece a cultura persoal, se mellora a linguaxe, se desenvolve a capacidade de concentración e a memoria, se estimula a imaxinación…
E para conseguilo, temos programada unha semana moi lectora:
- Luns 19: CONTOS CLÁSICOS (lectura e bingo dos contos).
- Martes 20: TABÚ DOS CONTOS (lectura e xogo tabú).
- Mércores 21: LIBROS E EMOCIÓNS (lectura e obradoiro).
- Xoves 22: TÉCNICAS RODARI (técnicas animación á lectura).
- Venres 23: TÉCNICA: VELLOS XOGOS (técnica animación á lectura).
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).