O Carballo con botas

A natureza forma parte de nós. Coidar o medio ambiente é algo que debemos aprender dende a infancia para protexer o mundo no que vivimos. Así, cabe ensinar a importancia da reciclaxe, do aforro de enerxía e dos coidados básico da natureza. Cada pequeno acto ten gran valor e debemos aprender que todo conta. Por iso imos realizar actividades e obradoiros respectuosos co medio ambiente: 

  • Luns 8: GRASS HEAD (obradoiro).
  • Martes 9: PEDRAS MONSTRUOSAS (obradoiro).
  • Mércores 10: GATIÑOS MACETA(obradoiro).
  • Xoves 11: XARDÍN DE CACTOS (obradoiro).
  • Venres 12: CADRO DE FLORES (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).