Verán de camiño

Xa falta moi pouco para o verán, e a calor xa chegou estes días. É o momento de adornar a ludoteca con motivos de verán, moi alegres e coloridos, e tamén de xogar e divertirse, anticipando as vacacións que xa están próximas. Así, ata o último día de colexio, realizaremos as seguintes actividades: 

  • Luns 14: VENTÁS DE VERÁN (obradoiro).
  • Martes 15: GRILANDAS DE TUCÁN (obradoiro).
  • Mércores 16: XOGOS DA XUNGLA (xogos).
  • Xoves 17: LAGARTO, LAGARTÓN (obradoiro).
  • Venres 18: CONTACONTOS NO XARDÍN (animación á lectura).
  • Luns 21: CIRCUÍTOS E PROBAS (xogos motrices).
  • Martes 22: FIN DE CURSO (“festa”).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).