Oficina de correos
A oficina de correos se encarga de enviar, recibir, ordenar, manexar, transmitir e entregar o correo. Actualmente case non se escriben cartas, por iso moitas crianzas descoñecen o seu funcionamento. Coas actividades que realizaremos esta semana pretendemos que aprendan a escribir cartas, a deseñar postais, o proceso de atención ao público, a seleccionar e clasificar o correo, a entregalo nas casas… Por iso con obradoiros e dramatizacións aprenderemos todo o relacionado cos envíos postais:
- Luns 9: ENVIAMOS CARTAS (obradoiro de escritura).
- Martes 10: POSTAIS DE DESEÑO (obradoiro).
- Mércores 11: XOGAMOS A SER CARTEIROS/AS (xogo simbólico).
- Xoves 12: PECHADO. FESTIVO NACIONAL
- Venres 13: PECHADO. PONTE DO CONCELLO
A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas.
Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público.
Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.
Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).