Arte rupestre

 A moitos nenos e nenas l les encanta debuxar dende pequenos, e tamén facer obradoiros. Expresarse ar t ist icamente a t ravés da pintura é unha act ividade moi moi ant iga, pois fai mi les de anos as persoas humanas xa facían os seus primei ros debuxos empregando as rochas das cavernas nas que vivían. Pero a arte rupest re non só son debuxos, tamén o son os petrógl ifos, os xerógl ifos e as esculturas. Esta semana adent rarémonos no mundo rupest re e coas nosas mans e a imaxinación realizaremos múlt iples obradoi ros que nos transportarán a esta época da historia: 

  • • Luns 16: MURAL DE ARTE PREHISTÓRICA (obradoiro). 
  • • Martes 17: TÉCNICAS DE PINTURA RUPESTRE (obradoiro). 
  • • Mércores 18: CERVOS E PETRÓGLIFOS EN AREA (obradoiro). 
  • • Xoves 19: VASOS DE ARXILA (obradoiro). 
  • • Venres 20: ZAPPING RUPESTRE (obradoiro). 

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asisti r é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición. 

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).