Un Samaín de risa

Posiblemente o Samaín sexa unha das celebracións celtas máis mística, máxica e antiga que coñecemos. Se vincula co fin da época da colleita e co recibimento do inverno, co fin do ciclo. Os celtas tamén crían que era o día de achegarse aos mortos, preparando alimentos e agasallos para os seus defuntos. 

Esta celebración da festa dos espíritos pode resultar moi atractiva para algunhas crianzas, pero para outras resulta todo un tormento, pois lles causa moito medo e inquietude. E como a risa á unha potente ferramenta curativa, porque non celebrar un Samaín de risa? Así, relativizaremos os medos, os transformaremos, os faremos ridículos, comprenderemos as nosas emocións, nos divertiremos de xeito terrorífico… Será unha gran semana:

Luns 23: BANDERÍNS DE RISA (obradoiro).
Martes 24: PANTASMAS FÁCILES (obradoiro).
Mércores 25: CAIXIÑAS PARA CHUCHES (obradoiro).
Xoves 26: ESQUELETE DANCE (obradoiro).
Venres 27: PHOTOCALL GRACIOSO (obradoiro).
Luns 30: RÍOME DOS MEDOS (contacontos e obradoiro).
Martes 31: FESTA SAMAÍN: “TRUCO OU CHISTE” (merenda-festa, obradoiro, habitación do medo, bailes…).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).