Participa no Premio Youtubeiras!

O prazo para inscribir as canles no Premio Youtubeiras é do 10 de setembro de 2021 ao 22 de outubro de 2021 ás 23.59 h.

As persoas participantes deben inscribirse a través do formulario que figura na web www.youtubeiras.gal, indicando a URL da canle.

Cada creador/a pode inscribir máis dunha canle.

Consulta as bases en www.youtubeiras.gal/Bases/