Pasarela de expertos e expertas en …

As nosas crianzas sempre están cheas de enerxía e de curiosidade. Encántanlles descubrir cousas novas e iso fai que aceleren o seu proceso de aprendizaxe. E dende actividades moi sinxelas ata complicadas dinámicas, podemos empregar un abano moi amplo de recursos que nos axuden a fomentar ese espírito curioso e dinámico co que sempre entran na ludoteca. Baixo o nome “Pasarela de expertos e expertas en…”, cada día da semana traballaremos un tema diferente que nos axudará a converternos en verdadeiros especialistas da materia. Así: 

  • Luns 4: CIENCIA (experimentos).
  • Martes 5: SCAPE ROOM: PÁNICO NO ESPAZO (scape room). 
  • Mércores 6: ARTE (obradoiro).
  • Xoves 7: LUTHIERS (obradoiro).
  • Venres 8: ASTRONOMÍA (obradoiro).

A ludoteca está dirixida a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, que poden asistir dez horas á semana repartidas como as familias desexen, sempre contando horas completas. 

Horario de luns a venres de 16.00 a 20.00 horas e os luns de 10.00 a 13.00 para atención ao público. 

Para asistir é imprescindible cubrir uns impresos de solicitude na propia ludoteca. Existen diferentes tarifas para cada neno/a, das que se informa no momento de inscrición.

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).

Máis información na Ludoteca ou no teléfono 986.31.50.38 (tardes).